Un mozo de 15 anos denuncia á súa nai por quitarlle o móbil e finalmente absólvena

A muller enfrontábase a nove meses de cárcere a petición da Fiscalía

O Xulgado do Penal número 1 de Almería absolveu a M.A.H.H., unha muller que se enfrontaba a nove meses de prisión a petición da Fiscalía, acusada por un presunto delito de malos tratos por quitarlle o móbil ao seu fillo de 15 anos para que se puxese a estudar.

A sentenza recolle que sobre as 20:00 horas do 28 de febreiro de 2017, M.A.H.H. atopábase no seu domicilio familiar xunto ao seu fillo.

"Dado que non quería deixar de xogar co móbil e porse a estudar, quitoullo, aínda que para iso, ante a negativa violenta do menor, tivo que forcexear levemente con el", relata no fallo o maxistrado Luis Miguel Columna Herrera.

"No caso axuizado, é evidente que a acusada se atopaba no pleno e correcto exercicio dos dereitos e obrigacións derivados da patria potestade, sen que en momento algún se extralimitase niso", afirma o maxistrado na sentenza.

"É precisamente o que fixo a acusada na acción hoxe axuizada, sen utilizar rigor innecesario algún para iso", conclúe o maxistrado.

Comentarios