Un incendio calcina unha adega en Combarro

O lume orixinouse ao mediodía, causando diversos danos materiais

Un incendio declarado este luns nunha adega en Poio deixou diversos danos materiais, informa a central que coordina as urxencias en Galicia.

A construción afectada sitúase preto dunha vivenda da Costa de Arriba, na parroquia de Combarro do mencionado municipio.

O lume, que se orixinou sobre as 12.30 horas deste luns, calcinou por completo todos os bens que se acumulaban na adega fóra dun depósito de gasóleo.

Deuse aviso do incendio ao GES de Sanxenxo, os Bombeiros do Salnés, Protección Civil e a Policía Local.

Tamén se alertou aos Bombeiros de Pontevedra, aínda que finalmente non tiveron que intervir.

Comentarios