Arde parte do vestiario dunha cetaria de Muxía

Non houbo danos persoais e só ardeu algo de roupa que había no interior

Unha estufa foi a causa dun incendio que se produciu este luns pola mañá no vestiario da cetaria situada no lugar de Merexo, en Muxía. Por sorte non houbo que lamentar danos persoais, xa que, segundo informa o 112, só ardeu roupa que había no interior do vestiario.

Un particular alertou do incendio sobre as 07.00 horas e foron avisados os bombeiros de Cee. Tamén foi requirida a colaboración da Garda Civil e os efectivos de Protección Civil. Ao redor das 08.15 horas os membros do parque comarcal daban por finalizadas as tarefas de extinción.

Por outra banda, en Cee, os bombeiros tamén acudiron a outro incendio que se produciu na antiga escola do Vilar de Toba. Arderon papeis e cartóns da planta baixa do local, ocupada ás veces por indixentes, aínda que non había ninguén nesta ocasión. O lume orixinouse a última hora do domingo.

Comentarios