Un traballador de Teis ampútase a man esquerda mentres cortaba peixe

O traballador foi atendido no punto por persoal sanitario da factoría para evitar que se desangrase ata a chegada da ambulancia

Un home de 36 anos sufriu na mañá deste xoves a amputación da súa man esquerda, á altura do pulgar, mentres cortaba peixe cunha máquina guillotina dunha fábrica da zona industrial da Riouxa, en Teis. Segundo informan fontes da Policía Local, o traballador foi atendido no punto por persoal sanitario da factoría para evitar que se desangrase ata a chegada da ambulancia.

Solicitouse a colaboración da Policía Local para orientar ao vehículo sanitario ata o lugar do accidente e non perder tempo. Varios axentes esperaron na Avenida de Galicia e guiaron ao seu condutor ata a fábrica, onde pouco despois se introduciu ao ferido na ambulancia.

A Policía Local abriu paso ao servizo durante o percorrido ao hospital xa que, ademais do ferido grave, tamén era transportada a súa man amputada, previo acondicionamento da mesma para evitar o necrosado.

Comentarios