Un home mata a outro con arma branca en Barcelona

A vítima foi trasladada a un centro hospitalario pero faleceu horas despois

Os Mossos d'Esquadra detiveron a un home por matar a outro con arma branca no distrito barcelonés de Ciutat Vella, segundo informou este venres a policía catalá nun comunicado.

Antes das 23.00 horas deste xoves un home foi ferido de gravidade en plena rúa e foi trasladado a un centro hospitalario onde morreu horas despois.

O presunto autor, arrestado pouco logo dos feitos, pasará nas próximas horas a disposición xudicial; o detido ten 57 anos, é de nacionalidade española e veciño de Barcelona.

Comentarios