Un ferido en Palas de Rei nunha saída de vía

O sinistro tivo lugar á altura da saída 36

Unha persoa resultou ferida na A-54, á altura de Palas de Rei, tras saírse da vía co seu vehículo. O sinistro tivo lugar á altura da saída 36.

Foi unha persoa particular a que informou os feitos ao 112 Galicia ás 11:10 horas deste xoves. Acto seguido, desde a central de urxencias do 112 alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Monterroso, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios