Un helicóptero buscará á desaparecida en Ourense

Membros dos corpos de seguridade manteñen todas as hipóteses abertas de face ao paradoiro da muller
María Belén R.E.
photo_camera María Belén R.E.

Desde que María Belén R.E. desaparecese o pasado 7 de abril, non saíron á luz máis noticias do paradoiro da ourensá. Aos labores de procura incorporarase un helicóptero e unha moto acuática para rastrexar a zona do río Miño, ademais das patrullas a pé da Policía Nacional, Local, e membros de Protección Civil que rastrexan calquera sitio posible.

Responsables dos diferentes corpos de seguridade mantiveron unha reunión para concretar os detalles sobre a desaparecida, a quen se vincula con "congregacións non consideradas destrutivas pero que si predín o fin do mundo". A última noticia sobre o paradoiro da muller recae na estación de autobuses de Ourense, e segundo indicaron algunhas testemuñas, atopábase "en estado de alleamento". 

A comisaría provincial mantén "todas as hipóteses abertas", desde a marcha voluntaria, o suicidio, un accidente, ou a intervención de terceiras persoas. 

Comentarios