Un condutor entra en sentido contrario na AG-56 e choca con outro turismo

Segundo informou o 112, foi unha persoa maior a que se equivocou no acceso á autovía e a que resultou ferida leve na colisión

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste luns debido a un choque entre dous turismos no termo municipal de Ames ocorrido ao entrar un vehículo polo sentido prohibido na AG-56. O sinistro tivo lugar pouco antes das 9.30 horas na saída este de Bertamiráns da autovía, no municipio de Ames.

O 061 desprazou ata o lugar unha ambulancia asistencial que levou á persoa ferida ao Hospital La Rosaleda, en Santiago, segundo confirmaron fontes sanitarias. Foron mobilizados o 061 e a Garda Civil de Tráfico. A Policía Local de Ames avisou ao 112 dos feitos e indicou que unha persoa maior entrou por sentido prohibido na autovía, debido ao que resultou ferida leve.

Comentarios