Un camioneiro resulta ferido en Carballeda de Valdeorras

O home saltou do vehículo antes de que se producise unha saída de vía, na estrada que une Sobradelo e A Baña

Un camioneiro resultou ferido ao saltar da cabina cando o seu vehículo se saía da vía no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, Ourense. Os feitos tiveron lugar na estrada que une Sobradelo e A Baña. Un particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ás 15:00 horas.

A partir de aí, desde o Centro de Atención ás Emerxencias requiriuse a intervención de Urxencias Médicas, GES de Valdeorras, Garda Civil de Tráfico, Garda Civil e Bombeiros de Valdeorras.

Comentarios