Un aviso de bomba obriga a desaloxar en Forteventura un avión con destino Santiago

As forzas de seguridade inspeccionaron a nave e non atoparon rastro algún de explosivos

Un usuario de Twitter deu a alerta dun desaloxo de en Forteventura dun avión de Vueling que tiña previsto partir da illa con destino Santiago ás 20.20 ao recibirse un aviso de bomba. Ao parecer, segundo informa Canarias 7, o comandante a aeronave recibiría o aviso nunha nota de papel.

A nave finalmente foi inspeccionada polos corpos de seguridade pertinentes, tal e como indica o protocolo, e quedou descartado que no aparello escondese explosivo algún.
 

Comentarios