Un accidente pirotécnico deixa dúas mulleres feridas en Mugardos

A explosión produciuse nun local público da localidade. Unha muller de 60 anos foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide

A central de coordinación do 061 informou dunha alerta por explosión nun local público no concello de Mugardos na que se viron dúas persoas afectadas.

Unha muller de 82 anos, M.L.S, recibiu o alta no punto e outra de M.L.L. de 60 foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide.

Ata o lugar do accidente desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, unha medicalizada e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC).

Comentarios