Tres irmáns encérranse nun banco para reclamar o cobro dunha herdanza

Os herdeiros abandoaron esta medida de presión tras chegar a un acordo co propio banco

Tres irmáns encerráronse durante varias horas nunha sucursal bancaria de Vigo para reclamar o cobro dunha herdanza de medio millón de euros, medida de presión que abandonaron tras acordar coa entidade unha alternativa.

A Policía chegouse a presentar na oficina bancaria, situada na rúa Sanjurjo Badía, no barrio de Teis, pero non houbo de intervir ao chegar as partes a un acordo e abandonar os irmáns.

Unha das herdeiras, Ramona Sánchez, explicou aos medios que levaban máis de sete meses esperando polo cobro desta herdanza, e que hai varios días dixéronlles que todo se resolvería en 24 horas. Ao ver que se aproximaba a fin de semana e seguían sen ter resposta, decidiron presentarse no banco e non moverse de aí ata que non lles desen o diñeiro", explicou.

Sánchez destacou que non houbo "tensión" durante o peche, porque ela e os seus irmáns son "moi correctos", e considerou que o banco puido verse influído pola presenza dos medios de comunicación.

Fontes coñecedoras da negociación explicaron a Efe que a diferenza entre banco e clientes está no pago do imposto de sucesións e a pretensión dos herdeiros de cobrar integramente os 500.000 euros, sen deducións, so pretexto de que presentaron a Facenda unha solicitude de adiamento e fraccionamiento.

Comentarios