Tres detidos por desvalixar dous lavadoiros de coches en Narón e Ferrol

A Policía Nacional detivo tres mozos, con idades comprendidas entre os 22 e 28 anos, que presuntamente desvalixaron dous lavadoiros de coches nas estradas de Cedeira (Narón) e Catabois (Ferrol).

Segundo informan fontes policiais, os tres detidos pasaron hoxe a disposición xudicial en Ferrol.

A policía impútalles varios delitos de roubo con forza nos dous establecementos.

Presuntamente causaron desfeitas nas máquinas, aspiradores e demais material dunha empresa de autolavado de vehículos, que quedou inutilizada, para levar a recadación da caixa.

Un dos mozos arrestados intentou escapar nun vehículo e na fuxida tratou de arroiar o axente que o ía deter, segundo a mesma fonte.

Comentarios