miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Trasladada a Povisa unha parella de Bueu tras a explosión dunha cociña

Hospital Povisa de Vigo. EP
Hospital Povisa de Vigo. EP
Ambos os dous sufriron diferentes queimaduras no corpo, das que polo momento se descoñece a magnitude e gravidade

Un home e unha muller tiveron que ser trasladados este sábado á unidade de queimados do Hospital Povisa de Vigo despois de que unha explosión preto das 15.30 horas deste sábado fixese saltar as alarmas na parroquia budetense de Cela.

O accidente doméstico produciuse na cociña dunha de vivenda de dúas plantas, na que residen dous matrimonios da mesma familia. A parella do piso superior, duns 40 anos foi a que sufriu o accidente despois de que prendese en chamas un bote dun líquido utilizado na cociña para acelerar o proceso de cociñado. O matrimonio estaba a usar un ferro de cociña portátil, que, segundo fontes policiais, puido causar unha reacción química que tería feito estalar o produto nas mans dun dos membros do matrimonio.

Ambos os dous sufriron diferentes queimaduras no corpo -das que se descoñece a magnitude e gravidade-, polo que foron trasladados ao centro sanitario vigués.

Ata o lugar da explosión desprazáronse membros da Policía Local de Bueu, a Garda Civil, unha ambulancia do 061 e unha unidade do corpo de bombeiros do Morrazo, que afortunadamente non tiveron que actuar no lugar, xa que as chamas causadas pola explosión estaban xa extinguidas.

A Policia Local de Bueu confirmou que nese momento tan só se atopaba ese matrimonio na casa -que compartían cuns familiares-, polo que ninguén máis tivo que ser desaloxado e non houbo que lamentar máis danos persoais. A nivel material tampouco houbo máis danos máis aló da cociña portátil.

Trasladada a Povisa unha parella de Bueu tras a explosión dunha cociña