Sae de festa en Canarias e acaba en urxencias cunha tartaruga morta na vaxina

A paciente, de nacionalidade británica e que sofre unha infección seria, non sabe como o réptil puido chegar alí

Una tortuga. AEP
photo_camera Unha tartaruga. AEP

Un centro de saúde de Canarias rexistrou a pasada fin de semana un misterioso episodio: unha cidadá británica acudiu a urxencias por unha forte dor na zona xenital e os médicos acharon no interior da súa vaxina unha tartaruga morta.

A muller, que saíra de festa o xoves e que non se decatou ata horas despois da presenza do réptil no seu interior, non puido concretar como chegara a tartaruga ata a súa vaxina.

Segundo indica o xornal El Día, a paciente sofre unha infección seria. Os médicos, ante o estraño do caso, decidiron chamar á Policía Nacional, que acudiron ao centro de saúde de El Mojón, en Arona.

O tamaño da tartaruga non transcendeu xa que o Servizo Canario de Saúde ampárase na Lei de Protección de Datos.

Comentarios