Rexistrados outros catro pequenos tremores en Porto do Son, Padrenda e A Estrada

Os maiores foron de 1.9 graos na escala mbLG

Mapa terremotos. IGN
photo_camera Mapa cos terremotos. IGN

A terra volveu tremer este mércores en Galicia. Primeiro en San Roque de Crespos, no concello ourensán de Padrenda, e despois en Porto do Son, na costa da provincia da Coruña, e no municipio pontevedrés da Estrada.

En Padrenda houbo dous sismos de 1.8 e 1.9 graos na escala mbLg, ás 00.37 e 08.12 horas deste 19 de setembro. No caso de Porto de Son rexistrouse o terceiro tremor (1.8) do día ás 11.58 horas, segundo recolle o Instituto Geográfico Nacional (IGN). E o cuarto foi de 1.9 sobre as 17.38 con epicentro na Estrada (Pontevedra).

Nin houbo danos nin sequera foron sentidos pola poboación.

Comentarios