Rexistrado un terremoto de 2.0 graos no Courel

Este pequeno tremor produciuse o domingo e foi seguido doutro de 2.3 na localidade asturiana de Pola de Allande

O Folgoso do Courel foi o epicentro pasadas as seis da mañá do pasado domingo, día 11 de xuño, dun terremoto de 2.0 graos de magnitude na escala de Richter que non foi percibido pola poboación nin causou danos. Dez horas máis tarde, ás 16.47 horas, tivo lugar outro tremor de 2.3 moi preto de Galicia, concretamente no municipio asturiano de Pola de Allande.

Antes, o día 9, produciuse outro sismo de 1.2 graos en Sandiás (Ourense). Máis fuete foi o terremoto de 3,2 graos que se produciu o sábado, día 10, en pleno océano Atlántico e fronte á costa galega.

Comentarios