Rescatan ilesos a cinco tripulantes dun veleiro na ría de Ares

A embarcación sufriu unha vía de auga tras pasar o illote da Marola

Cinco tripulantes dun veleiro que sufriu unha vía de auga foron rescatados ilesos a última hora da tarde de onte na entrada da ría de Ares, informou o servizo de urxencias 112.

Foron os propios tripulantes quen avisaron ao servizo de urxencias 112, ao que avisaron de que o veleiro no que viaxaban acaba de sufrir unha vía de auga na entrada da a ría de Ares, logo de pasar o illote da Marola.

Ao lugar acudiron embarcacións de Salvamento Marítimo e da Garda Civil.

O persoal de Salvamento Marítimo indicou ao 112 que o veleiro fora asistido nun primeiro momento por outra embarcación e posteriormente foi escoltado pola Salvamar Mirfak ao porto de Sada.

Comentarios