Reanimado un home inconsciente nunha praia de Sada

Os feitos ocorreron na praia das Delicias 

O persoal do 061-Urxencias Sanitarias reanimou este domingo a un home que estaba inconsciente nunha praia de Sada, informa o 112.

Outros bañistas alertaron ás 16 horas de que o home flotaba inconsciente na praia das Delicias, polo que foi levado á beira.

Alí o persoal sanitario logrou reanimalo antes de trasladalo ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).