Conmoción en Alemaña polo asasinato de cinco nenos, presuntamente a mans da súa nai

A Fiscalía solicitou o ingreso en prisión para a proxenitora
Flores y otros objetos apilados en honor de los cinco niños asesinados en Alemania. EFE
photo_camera Flores e outros obxectos apilados en honra dos cinco nenos asasinados en Alemaña. EFE

A Fiscalía solicitou este venres o ingreso en prisión da nai de 27 anos sospeitosa da morte dos seus cinco fillos, de entre un e oito anos, en Solingen (Alemaña). A Fiscalía considera, ademais, que os tres pais dos seis fillos da muller (incluído o único sobrevivente, de 11 anos) non son sospeitosos.

Segundo a reconstrución policial dos feitos, os cinco menores presentan "indicios" de que foron sedados e posteriormente asfixiados. O maior marchou ao colexio o xoves pola mañá, pero pouco despois a nai chamou ao centro para pedir que saíse, alegando a morte dun familiar.

Recolleuno e acompañouno en tren parte do camiño cara á casa da súa avoa, en Monchengladbach, e ela baixouse en Düsseldorf. Alí foi onde, con intención de suicidarse, saltou ás vías. Está grave pero fóra de perigo.

Os mortos son tres nenas de 18 meses, 2 anos e 3 anos e dous nenos de 6 e oito anos.

Comentarios