Catro persoas resultan feridas nunha colisión entre dous coches en Ames

O sinistro produciuse na AC-544, no punto quilométrico 2, á altura de Caroubáns
Oficinas del 112 en Santiago. EP
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago

Unha colisión entre dous turismos ocorrida na tarde deste luns en Ames saldouse con strong <>catro persoas feridas, das cales dúas tiveron que ser trasladadas a un centro médico. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos axentes da Garda Civil de Tráfico, o sinistro produciuse na AC-544, no punto quilométrico 2, á altura de Caroubáns.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ao fío das 16:45 horas, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, enseguida, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 pasaron o aviso á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil da localidade, ao GES de Brión e aos Bombeiros de Santiago de Compostela.

Ademais, desde Urxencias 112 solicitouse a intervención do servizo de mantemento da estrada, co fin de recuperar as condicións de seguridade na vía, debido a que o impacto dos dous vehículos produciu unha mancha de combustible na calzada.