Morren dúas persoas tras un tiroteo nunha vivenda de Terrassa

Os Mossos d'Esquadra informaron do suceso tras achar o corpo dos falecidos no interior dun domicilio do barrio de Roc Blanc

Dúas persoas morreron nun tiroteo nunha vivenda de Terrassa (Barcelona), segundo informan os Mossos d'Esquadra.

As dúas vítimas falecidas por arma de fogo foron achadas pola policía catalá no interior dun domicilio do barrio popular de Roc Blanc.

Segundo o diario dixital local La Torre del Palau, fontes policiais confirmaron que as dúas persoas morreron no interior dun piso da rúa Nápoles, número 6.

Ao parecer, as dúas vítimas son orixinarias do leste de Europa e na vivenda había tres persoas máis que puideron escapar das balas que podería disparar unha única persoa.

A policía autonómica cortou o tráfico na rúa para poder levar adiante as súas pescudas.

Comentarios