Morre unha muller no hospital a causa dun golpe de calor de Ourense

Falece unha muller de 51 anos de idade en Ourense debido a un golpe de calor, segundo confirmaron fontes hospitalarias, que sinalaron que a paciente presentaba factores de risco.

O martes pola noite, ás 22.30 ingresaba nun hospital ourensán da man do 061. O seu estado xa era moi grave cando entrou á UCI e finalmente faleceu este mércores pola mañá. Malia que aínda non se coñecen os resultados da autopsia que confirmen as causas do falecemento, o diagnóstico apunta a que se debe a un golpe de calor.

No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) permanece ingresada outra persoa en estado crítico cuxo diagnóstico tamén apunta a un golpe de calor. Tratase dun home de 77 anos de idade que permanece na UCI desde a madrugada do pasado luns.

Comentarios