Morre un ladrón en Mos cando escapaba tras ser descuberto

Un veciño de Mos de 42 anos e con iniciais R.V.G. faleceu esta madrugada ao caer por un desnivel a unha zona de obras cando fuxía tras ser sorprendido por un veciño cando roubaba no interior de varios vehículos estacionados na zona de Sanguiñeda, informaron fontes da Garda Civil.

Ao redor das 2.35 horas, un particular que se dirixía cara ao seu vehículo sorprendeu ao ladrón, con numerosos antecedentes, roubando en diferentes vehículos coa cara cuberta cun pasamontañas.

Ao sentirse ameazado, emprendeu a fuxida e tras saltar un muro, sufriu unha caída na que se golpeou a cabeza co formigón do chan e faleceu.

Comentarios