Morre un mozo de 18 anos apuñalado nunha liorta no interior dun café de Ceuta

A Policía xa identificou ao autor do homicidio e iniciou o dispositivo de procura

Un mozo de 18 anos faleceu na tarde deste martes tras ser apuñalado no peito durante unha liorta nun local de Ceuta. Segundo fontes da Delegación do Goberno na cidade, o suceso produciuse no interior dun cafetín situado nas inmediacións da barriada dos Rosales, moi preto da prisión.

O falecido recibiu unha puñalada no peito logo de manter unha discusión con outra persoa, á que coñecía, e foi trasladado nun coche particular ata o Hospital Universitario, onde os facultativos xa non puideron facer nada por salvar a súa vida.

A Policía Nacional abriu unha investigación e xa conseguiu identificar ao presunto autor do homicidio, que é veciño da zona onde se produciron os feitos. O crime obrigou a extremar os controis na fronteira con Marrocos e no porto para evitar unha posible fuga do sospeitoso.

Comentarios