Morre nun accidente de tráfico en Celanova

A vítima, de 36 anos, sufriu unha saída de vía co vehículo no que viaxaba

Un home de 36 anos faleceu este venres nunha saída de vía do vehículo co que circulaba polo concello ourensán de Celanova.

Segundo informa o 061, a alerta recibiuse sobre as 23.30 horas na central de coordinación, e ao lugar enviáronse unha ambulancia asistencial e persoal sanitario da PAC da localidade.

O paciente foi atendido no punto, pero resultou falecido. O seu nome correspondíase coas iniciais S.V.A.

Comentarios