Morre un home en Bande tras saírse co seu coche

A súa esposa, coa que viaxaba, resultou ferida

Un veciño do concello ourensán de Lobios de 64 anos perdeu este domingo a vida en Bande ao saírse da estrada o coche no que circulaba coa súa esposa, de 56, que saíu ferida.

Segundo informou o 061, o suceso rexistrouse sobre as 19.24 horas na OU-540. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial con persoal da PAC de Bande que nada puido facer por salvar ao home.

Comentarios