Morre un home de 23 anos en Redondela tras accidentarse coa súa moto

O suceso produciuse na tarde deste sábado, sen que os servizos sanitarios que se desprazaron ao lugar do incidente puidesen facer nada por evitar a morte do xove motorista

Un motorista faleceu na tarde deste sábado tras un accidente no Concello pontevedrés de Redondela.

Ás 16:12 horas, a Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia recibiu a alerta da caída do mozo, de tan só 23 anos.

Ao lugar do incidente desprazáronse unha ambulancia asistencial, unha ambulancia medicalizada do 061 e persoal sanitario da PAC de Redondela.

A pesar dos esforzos por reanimalo, o mozo faleceu sen que puidesen facer nada por salvar a súa vida.

Comentarios