Morre un bebé e a súa nai resulta ferida grave nun accidente no Barco

Outras dúas persoas sufriron feridas tras a colisión frontal entre dous coches ocorrida na N-120

Un bebé de apenas 40 días de vida faleceu este xoves nun accidente ocorrido ao redor das 14.30 horas na N-120 ao seu paso polo Barco de Valdeorras. 

No sinistro resultaron feridas outras tres persoas, entre elas a nai do menor, que foi trasladada a un hospital en estado grave. 

O accidente ocorreu no punto quilométrico 454,300 da citada vía, cando un dos vehículos invadiu o carril contrario e impactou frontalmente contra o outro turismo, segundo os primeiros indicios.

Un deles, un Renault Megane, estaba ocupado por un home veciño de Madrid, dúas irmás xemelgas e o bebé falecido, mentres que o outro turismo era un Golf conducido por unha muller, veciña de Vigo.

O equipo de Atestados da Garda Civil de Tráfico de Ourense investiga as causas do sinistro comprobando, entre outras cousas, se a cadeira para menores que ocupaba o bebé estaba homologada. Ao lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Ges de Valdeorras, 061 e Bombeiros de Valdeorras.

 

Comentarios