Morre un motorista de 33 anos tras chocar cun camión cargado de bombonas

O falecido ía equipado con casco, luvas, cazadora e pantalón de protección adecuado
Accidente mortal en Ribeira. EP
photo_camera Accidente mortal en Ribeira. EP

Un motorista de 33 anos residente no municipio coruñés de Ribeira morreu este venres nun choque contra un camión cargado con bombonas de butano. Segundo informaron fontes policiais e de urxencias, a colisión produciuse cara ás 12.45 horas nunha estrada en Fonte Ramil, na parroquia de Castiñeiras do citado municipio, e unha testemuña indicou aos servizos de Urxencia que viu como o camión alcanzou o motorista.

Os equipos médicos que se desprazaron ao lugar do accidente a bordo dun helicóptero non puideron facer nada por reanimar o home.

O falecido, piloto da moto, ía equipado con casco, luvas, cazadora e pantalón de protección adecuado, segundo puntualizou a Garda Civil.