Morre a condutora dun turismo nunha saída de vía nas Pontes

Los efectos del impacto se apreciaban en la casa horas después (Foto: C. ARIAS)
photo_camera Los efectos del impacto se apreciaban en la casa horas después (Foto: C. ARIAS)

A condutora dun turismo, María del Carmen Maceira Pichel, de 55 anos, morreu este mércores ao saírse o seu coche da vía e chocar contra unha casa no concello coruñés das Pontes, informan Urxencias 112 e Urxencias Sanitarias 061.

O accidente ocorreu ao redor das 14:30 horas no quilómetro 15 da estrada que une As Pontes con Ortigueira.

Ao lugar dos feitos enviouse unha ambulancia asistencial, o helicóptero do 061 e persoal sanitario das Pontes, e pediuse a axuda de Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.

Comentarios