Morre afogado un home mentres se bañaba no encoro de Bande

Un particular deu o aviso de que a vítima estaba na auga cando desapareceu súbitamente

Un home faleceu por ahogamiento na noite deste martes no encoro das Cunchas, en Bande (Ourense).

A vítima fora a bañarse na tarde do luns á zona da desembocadura de río Cadós, informou Emerxencias.

Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 ás 23:00 horas do luns. Segundo relatou, o home estaba na auga cando, de súpeto, desapareceu.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Muíños, a Protección Civil e á Garda Civil.

Os efectivos de urxencia puxeron en marcha un operativo de procura da vítima. Cara ás 00:00 horas localizaron o seu cadáver, que foi trasladado a terra nunha embarcación.

Comentarios