martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

Un movemento sísmico con epicentro en Maside déixase sentir polos veciños da vila

Punto de localización del temblor. IGN
Punto de localización del temblor. IGN
Non causou danos

Un movemento sísmico con epicentro en Maside e de magnitude 3,0 déixase sentir polos veciños da vila sen causar danos de ningún tipo.

Así o indicaron as persoas que sobre as 22:30 horas da noite pasada contactaron co 112 Galicia despois de sentir un tremor de terra de apenas tres ou catro segundos de duración e acompañado por un ruído.

Desta maneira, describiron os veciños de Maside que chamaron ao 112 Galicia o movemento de terra, que, segundo confirmou o Instituto Xeográfico Nacional mediante unha comunicación co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, tiña epicentro na mesma vila ourensá, a un quilómetro de profundidade e cunha magnitude de 3,0 graos.

Todas as persoas que contactaron co servizo telefónico de emerxencias coincidieron en sinalar que ninguén estaba ferido e tampouco se percibiran danos materiais. 

Un movemento sísmico con epicentro en Maside déixase sentir polos...