Morre un traballador no Barco de Valdeorras tras caerlle encima unha roda

O suceso produciuse nun taller de pneumáticos, situado en Viloira

Un operario faleceu no Barco de Valdeorras ao caerlle encima unha roda de grandes dimensións. O accidente laboral produciuse nun taller de pneumáticos, situado en Viloira.

O 112 Galicia recibiu un aviso de Urxencias Médicas ás 19:15 horas deste xoves. Os efectivos sanitarios indicaban que a vítima permanecía inconsciente.

Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse do ocorrido a Protección Civil e á Garda Civil.

Finalmente, o traballador acabou morrendo no mesmo lugar no que se produciu o accidente.

Comentarios