Morre un mozo de 26 anos ao caer desde unha fiestra en Santiago de Compostela

O falecemento do rapaz foi confirmado polo médico que se trasladou ao lugar dos feitos xunto aos demais sanitarios dos servizos de urxencia

Un mozo de 26 anos de idade –que responde as iniciais O.M.P– morreu tras caer desde unha fiestra na mañá deste luns en Santiago de Compostela. 

A Policía Local recibiu o aviso ás 10.00 horas deste luns e o 112 foi alertado por varios particulares sobre unha posible caída dunha persoa desde un balcón. 

Segundo os datos facilitados polo 061 a Europa Press, ao lugar dos feitos trasladouse unha ambulancia medicalizada e outra de asistencia de Santiago. O falecemento do mozo foi confirmado polo médico que se trasladou.