Unha muller de 39 anos e iniciais M.R.D. perdeu a vida nun accidente de tráfico que tivo lugar este venres na parroquia de San Mamede, no concello coruñés de Carnota. Segundo informa o 112, o coche que conducía saíuse da vía sobre as 14.28 horas, no quilómetro 18 da AC-550, a estrada que une Muros e Carnota.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse os bombeiros de Cee e o grupo de emerxencias supramunicipal (GES) de Muros para excarcerar a vítima, que quedara atrapada no vehículo. Ademais, interviñeron tamén efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil. Aínda que persoal sanitario do PAC de Muros acudiu tamén, non puideron facer nada por salvar a vida da muller, que faleceu debido ao impacto.
#AXEGAInforma dunha condutora que perdeu a vida tras saírse da vía cando circulaba pola parroquia de San Mamede, Carnota. Foi necesaria a intervención dos #BombeirosCee e #GESMuros para excarcerar á vítima. Interviñeron: sanitarios, @guardiacivil, #PolicíaLocal e #ProtecciónCivil pic.twitter.com/jLwWCbfZdJ
— 112Galicia (@112Galicia) April 2, 2021