Un home faleceu na tarde deste martes ao sufrir unha indisposición cando se bañaba na praia de Tanxil, no municipio coruñés de Rianxo. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 17.30 horas.
Os demais bañistas levaron o home á beira e intentaron reanimalo ata que chegaron os profesionais. Unha vez na praia, os efectivos sanitarios tampouco puideron facer nada por salvar o home, que faleceu no punto.
O persoal do 112 informou a Protección Civil, á Policía Local e ao 061-Urxencias Sanitarias, que desprazou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o areal.