Morre un home en Badalona tras a descarga dunha táser dos Mossos

Os axentes defenden que actuaron así para reducir o home, que estaba a ameazar á súa familia "con coitelos"

Vehículo de los Mossos. TWITTER
photo_camera Vehículos de los Mossos. TWITTER

Un home morreu en Badalona (Barcelona) tras recibir a descarga dunha pistola eléctrica táser por parte dos Mossos d'Esquadra e ser despois inmobilizado polos axentes. 

Segundo confirmou a Efe a policía catalá, os feitos ocorreron o pasado 26 de novembro ao mediodía, cando unha familia avisou aos Mossos d'Esquadra que o seu fillo estaba a ameazalos "con coitelos". 

Os axentes accederon ao domicilio da familia pola vivenda dun veciño, xa que o fillo supostamente bloqueara as entradas. 

Os Mossos d'Esquadra aseguraron que os axentes utilizaron a pistola táser "por ben da familia e os mossos presentes" para reducir ao home que, tras caer ao chan, tamén foi inmobilizado. 

O home foi trasladado ao hospital, onde faleceu, e aínda se está pendente da autopsia para determinar as causas da morte. 

As pistolas táser están permitidas en Cataluña para axudar en reducións complexas dunha persoa no caso de que exista risco para os axentes, os propios afectados ou terceiras persoas, e levan incorporados sistemas de gravación.