Morre un home de 74 anos durante a Romaría de Santa Margarita na Coruña

A celebración puña fin ás festas de María Pita

Un home de 74 anos morreu durante a celebración da Romaría de Santa Margarita, coa que finalizan as Festas de María Pita da Coruña.

A Policía Local recibiu unha alerta ás 17.50 horas deste domingo, na que o persoal municipal explicaba que había unha persoa inconsciente no chan.

Ao momento desprazouse unha ambulancia medicalizada do 061, que certificou o falecemento dun home de 74 anos, relata o Concello nun comunicado.