Morre ao caer co seu tractor por un desnivel de 150 metros en Asturias

O corpo sen vida do home tivo que ser excarcerado polos bombeiros

Un home de 62 anos faleceu tras caer co tractor que conducía por un desnivel duns 150 metros nunha leira situada no Alto da Cruz, no concello asturiano de Bimenes, informou o 112-Asturias.

O corpo sen vida do home tivo que ser excarcerado por Bombeiros do Servizo de Urxencias do Principado de Asturias (Sepa), que recibiu o aviso do accidente sobre as 3.00 horas da pasada madrugada.

A operación resultou bastante complicada xa que o prado no que se atopaba o tractor tiña moito desnivel.

Os bombeiros, que foron guiados por un familiar do falecido con axuda dun quad, tiveron que acceder ao lugar en vehículos todoterreo.

Unha vez no lugar, os bombeiros tiveron que montar un sistema de cordas con trácteles para rescatar os restos mortais da vítima que quedaron baixo o tractor.

Os bombeiros conseguiron levantar o vehículo e rescatar ao home.

Ao non regresar a casa foron os seus familiares, estrañados, os que acudiron ao lugar e atopáronse o vehículo envorcado e ao home atrapado.