Morre afogado un home de 41 anos na praia de Barrañán

Ao areal desprazáronse dúas ambulancias, unha asistencial e outra medicalizada, pero non puideron facer nada para salvar a vida da vítima

Un home de 41 anos, con iniciais M.V.M., faleceu este sábado afogado na praia de Barrañán, no municipio coruñés de Arteixo.

O 061-Urxencias Sanitarias explica nun comunicado que ás 17.14 horas recibiu a alerta dun posible ahogamiento no areal de Arteixo, limítrofe coa Coruña.

Desprazáronse dúas ambulancias, unha asistencial e outra medicalizada, pero non puideron facer nada para salvar a vida da vítima. 

Comentarios