Un matrimonio e dous fillos sálvanse dun incendio fuxindo pola fiestra na Coruña

O lume declarouse nun piso do barrio de Monte Alto

Un matrimonio e os seus dous fillos dun e sete anos puideron salvar a súa vida dun incendio na súa vivenda da Coruña saíndo por unha fiestra.

As chamas comezaron sobre as 5.20 horas nun terceiro piso dun edificio na rúa Ángel Rebollo, no barrio coruñés de Monte Alto.

O incendio orixinouse nun termo de auga que, aínda que foi apagado polo propio aparello, provocou unha intensa fumareda na vivenda que levou á familia a escapar por unha fiestra que daba ao patio de luces, segundo confirmaron a Efe desde o Concello da Coruña.

Cando os bombeiros chegaron ao lugar dos feitos, a familia xa abandonara o inmoble e atopábanse todos sans e salvos, polo que só tiveron que ventilar o fume que aínda había na vivenda.

Comentarios