'Mataleón': o reto viral que levou a un neno de 13 anos ao hospital en Valencia

O 'xogo da morte' consiste en aplicar unha chave de jiujitsu e estrangular a outra persoa ata que cae inconsciente pola falta de osíxeno
Hospital Doctor Peset. GSV
photo_camera Hospital Doctor Peset. GSV

Un menor de 13 anos foi trasladado ao hospital en Valencia tras ser estrangulado coa súa consetimiento. O motivo? Un reto viral en TikTok, o mataleón ou xogo da morte. O reto consiste en agarrar a alguén por detrás e aplicarlle o mataleón, unha chave de jiujitsu que consiste en estrangular ao rival ata deixalo insconsciente sen osíxeno. 

Dous menores estaban no patio dun colexio da capital valenciana cando decidiron realizar o reto, tras velo a través da rede social. O neno, que dera o seu consentimento ao seu compañeiro, esborrallouse tras quedar sen aire. 

Afortunadamente, o menor logrou recuperar a consciencia antes de que chegasen os sanitarios, que aínda así o trasladaron ao hospital para realizarlle un recoñecemento

O profesorado do centro advertiu do perigo de levar a cabo este tipo de retos e levou a cabo unha xornada informativa sobre os riscos desta práctica. 

O compañeiro que estrangulou ao outro menor, pola súa banda, quedou moi afectado polo sucedido, e asegurou que a súa intención era realizar o reto "de broma".