Os pais acusados de maltratar ao bebé alegan que estaba san e que ningún dos dous lle pegou

Os médicos rebateron a versión dos proxenitores na Audiencia da Coruña e aseguraron que o neno recibiu "un golpe importante" e problablemente fose "zarandeado con brusquedad"

Os pais xulgados este martes na Coruña por maltratar supostamente ao seu bebé ata deixalo cego e epiléptico alegaron que o pequeno era san e alegre e que nunca o golpearon, aínda que os médicos que interviñeron no xuízo explicaron que é probable que recibise un "golpe importante".

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acolleu este martes o proceso contra os pais dun bebé que naceu en 2011 e para os que o fiscal pide vinte e catro anos de prisión. Segundo o Ministerio Público, os proxenitores do bebé déronlle presuntamente un golpe e o zarandearon antes de que cumprise un ano de vida, polo que padece unha diminución de forza ou parálise no lado dereito do seu corpo, cegueira bilateral completa, epilepsia secundaria e atraso do desenvolvemento psicomotor.

Os médicos que actuaron como peritos no xuízo polas lesións do bebé afirmaron este martes que o pequeno recibiu "un golpe importante" e opinaron que o máis probables é que, a maiores, fose "zarandeado" con "brusquedad". Segundo os seus relatos, existe unha fractura cuxa "causa máis habitual é un golpe contra unha superficie plana" que é "compatible cunha caída" ou, en todo caso, con "un golpe importante". Así mesmo, o pequeno padece a "síndrome do neno zarandeado", que podería explicar todas as secuelas "salvo a fractura" e que, ao sumar todos os síntomas, "aumenta a porcentaxe de que sexa un zarandeo" con "unha certa brusquedad".

Aclaran os especialistas que as lesións tiveron que ocorrer cando o menor tiña apenas tres meses, entre vinte e tres días antes do seu ingreso o 6 de xaneiro, e descartan que poidan estar relacionadas cunhas masaxes que lle daba o seu pai típicos de Senegal, pois ten esa nacionalidade.

Consultados pola epilepsia, recoñeceron que pode ser hereditaria, pois a familia da nai ten antecedentes, e que se un ataque epiléptico coincidise cunha caída desde unha cama contra o chan poderíase explicar a fractura.

ESTABA SAN E FELIZ. Os procesados, que agora están divorciados e el ten unha orde de afastamento respecto dela por unha denuncia de violencia machista aínda en trámite, vivían cerca do barrio coruñés da Gaiteira cando ocorreron os supostos feitos.

A nai asegurou que o pequeno "tiña refluxos" e "vomitaba moito", pero non padecía ningún outro problema de saúde antes do seu ingreso no hospital do 6 de xaneiro de 2012. "Saín da ducha e vin que estaba ríxido cos ollos volteados", comentou sobre o día en que levaron ao bebé ao hospital e descubriuse todo o que padecía.

A acusada, que recoñece que necesitou asistencia psiquiátrica por un problema para afrontar situacións límite, asegurou co neno "nunca caeu nin se golpeou, nin sequera viu ningún "signo externo" de que isto puidese pasar. Así mesmo, negou calquera posible zarandeo do pequeno, que os médicos vinculan á cegueira, aínda que se referiu á citada masaxe senegalesa.

O pai do pequeno declarou que se trataba de "un neno san e alegre" e que un día notou que non estaba "ben", polo que dixo que había que levalo ao médico, aínda que a súa nai non quixo, algo que ela mesma recoñecera minutos antes. Na súa quenda de palabra subliñou que el "co neno estaba moi pouco" polo seu traballo e que "nunca se lle caeu", nin a el nin a súa exmuller, que tampouco "nunca xamais o golpeou". "Ela tiña reaccións nas que se enfada e tira cousas ao chan", aínda que en ningún caso proxectou este comportamento sobre o pequeno, matizou.

Acerca das masaxes que daba ao neno e que consistían en collelo polos pés e facer unha serie de movementos, dixo que son "normais" e que na súa familia, que son máis de corenta, fanse habitualmente e funcionan ben, igual que con outra filla súa que agora ten nove meses.

Comentarios