Os detidos pola morte dun sacerdote en Vilanova dos Infantes poderían declarar este domingo

Están acusados de acabar coa vida de Adolfo Enríquez, cuxo cadáver foi localizado en marzo de 2015

Dúas persoas que foron detidas pola morte violenta dun párroco de Vilanova dos Infantes (Ourense), en marzo de 2015, poderían pasar a disposición xudicial este mesmo domingo, dixeron a Efe fontes do caso

Os arrestos destes dous homes, de nacionalidade croata, producíronse nunha operación que segue aberta e sobre a que se decretou o segredo sumarial. O caso abriuse en marzo de 2015 cando foi localizado o corpo sen vida do sacerdote Adolfo Enríquez, unha persoa moi querida.

A localidade pertencente á comarca de Celanova envorcouse nese momento para despedir con emotividade ao que foi o seu párroco durante máis de catro décadas.

Comentarios