Localizan os cadáveres dunha parella en Ribeira

Nos corpos non se detectaron indicios de morte violenta nin da participación de terceiras persoas

A Policía Nacional investiga o achado este venres dous cadáveres na localidade coruñesa de Ribeira, segundo informaron fontes próximas á investigación.

Os corpos, que foron localizados nun edificio abandonado da localizade coruñesa, corresponden a unha parella duns 40 anos de idade.

Nos cadáveres, en avanzado estado de descomposición, non se detectaron indicios de morte violenta nin da participación de terceiras persoas, á espera do que determine a autopsia.