Localizado un cadáver que podería corresponder a un bañista neozelandés

O cadáver dunha persoa que podería corresponderse co mergullador neozelandés desaparecido o pasado 22 de agosto foi localizado á primeira hora desta tarde en Laxe (A Coruña).

Un operativo coordinado por Salvamento Marítimo rescatou o corpo sen vida ás 15:10 horas desta tarde nunha zona na que o operativo de procura levaba traballando desde que se coñeceu a desaparición do bañista neozelandés, informaron a Efe fontes de Salvamento Marítimo.

No entanto, a identidade do cadáver aínda non foi confirmada, precisaron as mesmas fontes. O mozo, duns 30 anos, desapareceu o pasado día 22 da praia de Traba en Laxe (A Coruña).

Comentarios