A Xunta dá por extinguido o incendio en Cualedro cun total de 314 hectáreas de monte queimadas

Nos traballos participaron dous técnicos, 28 axentes forestais, 77 brigadas, 37 motobombas, catro pas, seis helicópteros e dous avións

A Consellería de Medio Rural deu este mércores por extinguido un incendio forestal en Cualedro (Ourense) tras arrasar, segundo as estimacións provisionais, 314 hectáreas.

O incendio comezou o domingo sobre as 11.35 horas e quedou extinguido este mércores minutos despois das dúas da tarde. Da superficie queimada, 240,74 hectáreas corresponden a superficie arboreda e 73,26 a monte raso.

Na extinción traballaron 2 técnicos, 28 axentes forestais, 77 brigadas, 37 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 2 avións. O departamento autonómico recorda que os cidadáns poden chamar ao teléfono gratuíto 085 en caso de detectar algún incendio forestal.

Comentarios