A provincia de Ourense rexistra dous incendios

Ambos os lumes, nos municipios de Carballeda de Valdeorras e A Merca, permanecían activos a última do domingo. As chamas calcinaran dúas e oito hectáreas, respectivamente

Os servizos contra incendios tratan de sufocar dous lumes forestais rexistrados na provincia de Ourense, concretamente nos concellos de Carballeda de Valdeorras e A Merca.

O incendio rexistrado en Carballeda de Valdeorras ao fío das 13.45 horas deste domingo afecta a unha superficie estimada de dúas hectáreas e, segundo precisaron a Europa Press fontes de Medio Rural, está "próximo ao control".
 
En concreto, o lume entrou a Galicia desde a provincia castellanoleonesa de Zamora, pero na Comunidade galega só afectou, segundo estimacións provisionais, a dúas hectáreas.

Na súa extinción traballan un axente, catro brigadas e estivo presente un helicóptero.
 
Pola súa banda, no Concello ourensán da Merca, concretamente na parroquia de Corvillón, iniciouse un lume forestal ás 13.40 horas deste domingo, o cal afectou a unha superficie provisional de oito hectáreas.

Na súa extinción traballan dous axentes, seis brigadas, tres motobombas, unha pa e tamén estivo presente un helicóptero.

Comentarios