Investigan un matrimonio por roubar a varios anciáns que tiñan baixo o seu coidado en Rianxo

Os especialistas tratan de pescudar se puido haber subministración de fármacos para cometer os feitos

Efectivos da Garda Civil de Rianxo investigan un matrimonio de 36 e 37 anos por un delito de furto cometido contra persoas de avanzada idade que tiñan ao seu coidado.

O Instituto Armado informou nun comunicado de que, segundo denunciarían familiares dunha das anciás, desde facía un tempo os coidadores estivéronlle subtraendo efectos como diñeiro e xoias.

Outra das supostas vítimas proporcionou, ademais, un relato nesa liña e cun presunto saqueo por valor de 6.000 euros.

Nas pescudas, os especialistas tratan de pescudar os feitos e se puido haber subministración de fármacos para cometelos. Os delitos que se indagan son, xa que logo, da orde socioeconómica e outro contra a saúde pública.

Das dilixencias practicadas deuse conta ao xulgado de instrución de garda de Padrón. 

Comentarios